LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Venres, 27 Marzo 2015 00:00

Viaxe a Sicilia

Viaxe á Illa de Sicilia: xentes, historias e monumentos dun país azul.

A saída será o venres 27/3/2015, e terá unha duración de 10 días, voltando o 6 de Abril.

Venres, 20 Febreiro 2015 00:00

Facerse Socio de LugoPatrimonio

Procedemento para facerse socio

Os novos socios deberán descargar o cartón de socio, cubrilo e facelo chegar á Asociación a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou entregalo persoalmente o día que haxa unha actividade.

 

Descargar cartón de socio en formato PDF

 

Prezo

  • A cota é anual e de 40€

 

Este mércores, día 4, ás 20:00, no salón de actos da Deputación Provincia de Lugo, realizaremos un acto con proxeccións e comentarios sobre o Entroido portugués da zona de Bragança, como introdución á viaxe que se fará aos Entrudos de Podence e Santulhao, a cargo de Lois Diéguez, presidente da asociación.

Luns, 05 Xaneiro 2015 11:58

Anacos de Galiza “perdidos”

Deberamos saber, máis aínda os que teñen responsabilidades de goberno, cal é o estado da cuestión do patrimonio cultural da Igrexa e do que non se sabe, oculto en clausuras, adegas, faiados... tamén que, ó fin e ó cabo, foi a Igrexa a que mantivo e propiciou románicos, góticos, renacementos ou barrocos entre liturxias vivas.  Debemos saber tamén como anda o patrimonio do Exército nos seus cuarteis, o patrimonio, industrial...como está o mesmo patrimonio da Universidade, en facultades, nalgunha das que se forman xestores culturais, coas súas coleccións, documentos... Saber en que situación se atopa o patrimonio da Administración, en Concellos, Deputacións... con obra artística repartida  por despachos, quizais esquecida en almacéns... E coñecer como están os “fondos en reserva” dos mesmos museos. Mergullarse no  mercado legal, vixiar o ilegal de antigüidades e de arte, o que se ve e o que non se ve. Transaccións arredor de antolóxicos anacos da Historia, que pasan de man a man até que esvaece a pista: a Lúnula de Cerdido, o Medallón do Pindo, doado ó decimonónico  ministro Romero Ortiz e finalmente perdido no Museo dos Alcázares de Toledo... A Cruz de Alfonso III da Catedral de Santiago, desaparecida no 1906; o broncíneo Eolo de Espasante, o alixo da idade do bronce de Monforte, parte de torques áureos de Xanceda... cousas que temos comprobado existen.

Bens extraviados por diferentes motivos, e sempre a ignorancia por medio, esa falla de amor ás nosas cousas e o conseguinte abandono, namentres outros asexan. Mesmo pezas estragadas pola voracidade climatolóxica e polo inevitable paso do tempo. Falla de profesionalidade na xestión cultural,  transaccións  e préstamos non devoltos, seguidos despois da perda da memoria... Namentres se empobrece o que ofrecemos nos museos e apampamos por grandilocuentes carcasas e montaxes virtuais que axiña pasan de moda. Os documentos históricos son inversións en alza. Proba de que a museoloxía en Galiza non avanza. Sabía e servíase ben Murguía e saben @s historiador@s  do que de Galiza, das súas cidades, mosteiros, catedrais, castelos e pazos, había e hai no Arquivo Histórico Nacional de Simancas e Madrid, no Escorial, nas feudais casas de Alba,  Medinaceli ou de Medinasidonia, e máis arquivos.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO